![]() |
EN FR DE SP GL BS RU RO PL CN |
![]() |
|||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||
![]() |
![]()
![]() |
DEFINICIÓN OPERATIVA DOS PRINCIPIOS DO HONCODE
|
||||||||||||||||||||
DIRECTRICES PARA OS SOLICITANTES:
Este documento especifica a información requirida para cumprir con cada un dos Principios de HONCODE. Está dirixido a webmasters, provedores de información, ou outras persoas que sexan responsables dun sitio web que estea solicitando a acreditación de HONCODE. Información xeral Para acelera-lo proceso de revisión e asegura-la aprobación do seu sitio web, por favor lea estas directrices coidadosamente e faga que a súa web siga con seguridade tódolos principios do Código HON (HONCODE). O certificado HONCODE para a URL principal que foi indicada na solicitude, vincularase dende o selo HONCODE cando este se conceda. Se existe unha "mirror" web, indíqueo por favor no campo onde se requira. Un revisor de HONCODE visitará a súa web para verificar que cumpre tódolos principios de HONCODE, e realizará unha notificación ás persoas de contacto indicadas na solicitude sobre calquera principio que non sexa seguido. Poden requirirse cambios antes de que a súa web sexa acreditada definitivamente por HONCODE. O selo activo HONCODE só pode ser exposto cando o sitio web foi acreditado por HON. Nese momento, HON notificaráo ás persoas de contacto designadas e dará as instrucións apropiadas. Principio 1 - Autoría. ¿Menciona ó autor-es de toda a información médica ofrecida? Toda a información médica presentada na súa web debe atribuírse a un autor e debe menciona-la súa formación / credenciais no área. Isto pode facerse en cada unha das páxinas con información médica ou, nunha páxina de información sobre o "Consello Asesor" ou o "Consello Editorial". Resumen: Cumprimento co Principio 1: As cualificacións do provedor de información (autor, webmaster ou editor) deben indicarse de forma clara (por ex., paciente, profesional de Internet, médico ou profesional da saúde). Se o provedor de información é un médico, a súa especialidade debe ser mencionada.
Principio 2 - Complementariedade O propósito do sitio web e a súa misión. Ambos, tanto da web como da organización que se atopa detrás dela, deben describirse. Estas descricións deben incluí-las razóns para presenta-la información (o propósito do sitio web), e a audiencia á que vai destinada. A información proporcionada na súa web debe deseñarse para mellorar, e non substituír, a relación entre un paciente e o seu propio médico, para o que nós recomendámo-lo uso da seguinte declaración: "A información proporcionada en [o nome do sitio web] foi planteada para apoiar, non substituír, a relación que existe entre un paciente / visitante deste sitio web e, o seu médico". Principio 3- Confidencialidade NOTA: Este principio é aplicable en tódolos casos, aínda cando a súa web non almacene ou rexistre arquivos de pacientes ou calquera tipo de dato médico ou persoal. O Seu sitio web debe indicar como se trata a información confidencial, privada ou semi-privada, como as direccións de correo electrónico, os contidos de correos electrónicos, ou intercambio de correos electrónicos entre os seus visitantes / usuarios. Una declaración sobre a política de privacidade con respecto á confidencialidade dos datos debe ser claramente exposta. Se vostede non está seguro de como aplicar este Principio á súa web, por favor contacte con HON.
![]() Principio 4 - Atribución, referencias e actualización Este Principio comprende dúas áreas.
Principio 5 - Garantía A menos que o propósito do sitio web estea claramente indicado para se-la plataforma comercial dun produto, o editor debe xustificar calquera petición con respecto á eficacia ou non eficacia de calquera produto comercial ou tratamento, e debe incluír información equilibrada como alternativa (xenérica) ós tratamentos. Por exemplo, se un produto comercial se recoménda por calquera motivo (non un fármaco activo senón un nome comercial específico) a bibliografía (evidencia científica) que apoia a información debe ser incluída. Por exemplo, unha compañía farmacéutica publica e divulga un sitio que recomenda só os seus produtos. Se existe unha declaración presente ó efecto sobre que "este é o sitio web do produto XYZ" entón non é necesario que os produtos / xenéricos da competencia sexan mencionados. Se un sitio web dunha compañía non realiza esta declaración, entón eles deben proporcionar información xenérica da competencia. Principio 6 - Transparencia dos Autores Una dirección de correo electrónico válida ou un vínculo para realizar un contacto debe estar dispoñible na páxina de inicio do sitio web e ser facilmente accesible en todo o portal. Unha persoa debería responder ós mensaxes envíados directamente por correo electrónico ou a través do formato de contacto nun prazo non superior ás dúas semanas da súa recepción ![]() Principio 7 - Transparencia do Patrocinio ¿Cómo está financiado o sitio web? O Seu sitio web debe incluír unha declaración onde se indiquen as fontes de financiamento. Isto é un requirimento para tódolos sitios web, e inclúe tamén as páxinas persoais sen fontes externas de financiamento, e sitios apoiados por axencias gubernamentais, compañías farmacéuticas ou outras entidades comerciais. ![]()
Principio 8 - Honestidade e Transparencia da Publicidade e a Política Editorial
Aviso sobre a política de publicidade do sitio web
Advertencia sobre a publicidade
NOTA: A publicidade é presentada baixo a responsabilidade do editor. O sitio web que ofreza anuncios para sitios web con contidos pornográficos (aínda cando non estean baixo o seu control directo, como no caso dos "banners comerciais de intercambio") será retirado do proceso de acreditación de HONCODE e de tódalas bases de datos de HON. Ainda que o sitio web non ofreza publicidade, debe dispor dunha declaración que indique que o sitio web nin dispón nin recibe financiamento de publicidade. ![]() Proceso de revisión Durante o proceso de rexistro, o candidato solicitante cumprimentará un cuestionario que conducirá a unha indicación rápida dos principios do Código HON que precisan atención. O solicitante pode empezar entón de forma inmediata a facer melloras ou cambios no sitio web para aumentar e mellora-las oportunidades de ser aceptado cando o revisor do equipo HON visite o sitio web poucos días máis tarde. Durante a revisión inicial, un membro do equipo de HONCODE visitará a súa web e tomará nota daqueles principios do Código HON que non son respectados no momento da visita. ¡Entón, depende de vostede, como responsable da web, actuar e poñerse mans á obra! Unha vez que realice os cambios requiridos, DEBE NOTIFICALO A HON dando os detalles sobre os cambios realizados, e especificando as situacións exactas no sitio web, destas modificacións. Se a súa web pasase a primeira revisión sen necesidade de realizar cambios (infrecuente, pero non estrano), obterá o permiso e as instrucións para amosa-lo selo co Número de Identificación de HONCODE. A notificación recibirase vía correo electrónico. Se precisa aclaracións sobre o proceso de revisión, e pensa ou valora que calquera dos principios non son aplicables á súa web, ou precisa calquera consello para cumprir con tódolos principios de HON, por favor avise ó equipo de HONCODE por correo electrónico ou teléfono. Despois da aprobación, terá que notificar a HON se realiza modificacións na súa web que poidan afectar á conformidade cos principios do Código HON (por ex., fusións, cambios de nomes, cambio de correos electrónicos, política de publicidade, etc.) Inclusión do Selo HONCODE Una vez o sitio web é aceptado, e obtivo unha conformidade plena, debe expoñer correctamente o selo HONCODE. Nós recomendamos. Situa-lo selo de acreditación na páxina inicial do sitio web. Lembre: Só se pode dispor do selo HONCODE despois da aprobación pola nosa revisión. Para amosa-lo selo, o solicitante recibirá un vínculo personalizado (link) ó sitio web oficial do seu certificado HONCODE no sitio web de HON. Este texto non debe modificarse. Non se pode vincula-lo selo HONCODE á páxina inicial da web oficial de HON ou calquera outra páxina web. Amosar o selo HON de forma correcta:
E aceptable utiliza-lo texto acompañante de maneira que apareza "on mouse over" é dicir ó pasa-lo rato sobre o selo, pero as palabras "Verificao aquí", deben situarse ó lado do selo HON, que debe ser visible en todo momento. ¡Nós convidámosche a ti e a tódolos usuarios de Internet a descubrir e indica-los sitios web acreditados por HONCODE que non respecten os Principios de HONCODE ou fagan un uso fraudulento do selo HONCODE (imaxe ou vínculo incorrecto á páxina inicial da web de HON)! ¡Avisanos, por favor! Podes escribirnos á seguinte dirección de correo electrónico: . |